Nesta entrada, vamos ir contando as actividades máis relevantes no trascurso dun mércores ó final do verán. Os mércores teñen de particular que son os días de reparto de cestas nas asociacións de consumidores. Unha semana facemos a entrega en Ourense, á asociación Semente, e a seguinte en Allariz , ós de Agrelar. Neste, ó que facemos referencia, fomos levar as cestas a Allariz. Nunha próxima entrada poderemos ver o reparto en Semente.
Un dos traballos á primeira hora é atender ós animais. Hai que darlle o almorzo ós porcos, e sacar á rubia o prado para que paza herba fresca.
![]() Hai que levar a rubia ó prado |
![]() A rubia pacendo |
Despois de votarlle un último vistazo o correo electrónico, para mirar o número de cestas da semana e as encomendas extras, comenzamos a organizarnos para ir recoller as hortalizas nas distintas parcelas.
![]() Maribel recollendo pementos morróns |
![]() Pili e Maribel cos porros a voltas |

Pili e Eloi no brecol
Unha vez que xa temos todo recollido vamos para o almacen a preparar as verduras. Encendemos a radio e a cortar, lavar, facer mañuzas, colocar en caixas…
![]() Labando cenouras |
![]() Labando porros |
![]() Preparando as cestas de verduras |
![]() Esta semana nas cestas vai; cenouras, cebolas, remolacha de mesa, porros, leituga, brecol, sandía, pementos, tomates, apio e perixel. |
A comida é un verdadeiro disfrute, e nós sabemos que somos uns previlexiados, por eso cando comemos, comemos todos xuntos, sin tele nin noticias que nos distraigan.
![]() Ós nenos gústalles moito participar na cociña |
![]() A fuego lento |

E de menu hai; arroz, verduras salteadas, salsa caseira de tomate e ensaladas de pepino con pemento vermello e de tomate con cebola.
Os animais precisan de atención diaria. A besta hai que levala pola mañá e pola tarde a pacer o prado, nas horas de máis calor està gardada na corte. Os porcos dámoslle tres veces ó día de comer, por regra xeral, comen pola mañá e pola tarde unha papilla de fariña de trigo que lle preparamos. A medio día comen berzas, cabazos, patacas, ou remolacha.Despoxa eles pola súa conta buscan herbas, raices, e nestas fechas de ano, as belotas dos carballos.
![]() Feno para o comedeiro e palla para estrar na corte |
![]() Aquí non se tira nada, ramas de porros para os porcos |
![]() berzotas |
![]() A este cerdo le han dado calabazas |
![]() Levo un saco de trigo a moer ó muiño |
![]() Moer o grao e traer fariña |
![]() Preparando papilla de cereais |
![]() Con auga e unhas areas de sal |
Hoxe tócanos turno de rega coa poza do pobo, así que, Eloi vai regar, Maribel selecciona os garavanzos recen mallados, Pili encárganse das facturas e Estrela xoga.
![]() A poza de Reboreda |
![]() O curso da auga pasando polos navas do forno |
![]() Regando no invernadeiro do carril |
![]() Maribel seleccionando garavanzos |

En fila india
Esta semana vamos facer o reparto de cestas en Allariz, pero antes temos que levar unha encomenda a unha tenda en Ourense.
![]() Levando verduras a Cárnicas Xures |
![]() En Allariz entregando cestas |
![]() Pouco a pouco van vindo recollelas |
![]() verduleando |
![]() Os nenos xogan mentres temos asamblea do grupo |
![]() Na asamblea ademáis de facer contas, falamos do divino e o humano |
Este máis ou menos ben pode ser un mércores, estas son as imaxes, a banda sonora pona radio 3.
Tags: acomedar, animais, asamblea, cestas, cociñando, comendo, moer, regar, xogando






































orballando.eu
Esta páxina alimenta que da justo. Cada vez está mellor e esperamos con ansia as novas aportacións. Un saúdo familia.
Un pracer, seguiremos aprendendo.