Pilar e Eloi o 27 de Outubro, 2011

Leva moito tempo sen chover, está todo moi seco e non temos auga para regar. Estamos rodeados de incendios e traballamos cubertos de fumo e dun ambiente xeral da autodestrución. Se non chove pronto logo acabaremos con este pais…

Por fin  a chuvia, estamos a 25 de outubro e aproveitamos este vagar para comentar como nos foron estas últimas colleitas.

Xa mallamos e recollemos os garavanzos, tivemos unha moi boa colleita, moito mellor que as fabas que este ano so temos para gardar a semente. O verán veu seco e frio e as fabas non se deron desenrolado, son máis amantes do calor que os garavanzos.

Para colleitar as legumes precisamos varios días de tempo soleado, non conven que se mollen unha vez que se arrancaron da terra. Fai tres anos que compramos, de segunda man, en Castela un «trillo de alubias», facilítanos moito o traballo de mallar  fabas e garavanzos. Antes faciamos  este traballo todo a man, era menos cantidade.

Unha vez que as legumes están máis ou menos secas e intuimos que pode haber unha semaniña de bo tempo pómonos a arrancar os garavanzos, vámoslos deixando en filas sen amontoar demasiado porque inda teñen que rematar de secar , canto máis secos mellor se mallan.

 

arrancando garavanzos

Arrancando a man os garavanzos secos

"trillo de alubias" enganchado o tractor para mallar na parcela

Mallando garavanzos na parcela

 

Os garavanzos van caindo no depósito do trillo

Gardamos os garavanzos en sacos grandes, despois de seleccionar pasan a sacos pequenos

Máis ou menos polo mesmo tempo, tamén recollemos as cebolas. Cando enpezan a doblar a rama a maior parte delas, entón levantámolas cá arrancadora das patacas a unha velocidade moi lenta para  non  mancalas. Despois inda pasan un par de semanas sobre a terra para almacenalas totalmente secas. Gardámolas en caixóns e vámolas gastando durante todo o ano.

Cebola vermella seca lista para almacenar

Da terra ó capazo

Do capazo ós caixóns

Do tractor ó almacén

Antes de que caian as primeiras xeadas temos que ter collidas as cabazas, así que cando vemos que xa están maduras, non tardamos moito en gardalas no almacen.

Recollendo cabaza vasca

Recollendo cabaza cacahuete

Que bonito é o campo

Calabaceando

É importantísimo gardar a meirande parte das sementes das plantas que se adapten ben o noso lugar e queiramos conservar as súas cualidades. Non é sinxelo moitas veces, xa que hai que intentar que no momento da polinización non se crucen con outras variedades e se vaian perdendo as características orixinais.

Sementes de cenoura na súa umbela

Flor de cebola

Deixanse secar ben as flores para que caian as sementes

Quen tamen estan a facer a súa colleita particular son os porcos que a principios de setembro empezan a buscar as primeiras belotas que can dos carballos.

Porcos comendo belotas

Comparte e goza compartindo:

  • email
  • RSS
  • Add to favorites
  • del.icio.us
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • Chuza
  • Twitter
  • Facebook

Tags: , , , , , ,

Deixa unha resposta

*