Pilar e Eloi o 2 de Setembro, 2011

Xa recollemos o cereal e as patacas, os dous cultivos por excelencia da Limia. A colleita a verdade é que non nos foi moi boa. Moitas veces queremos demostrar que non nos equivocamos coa nosa forma de traballar, pero se a túa bandeira de «salvemos a terra», ondea sobre un mísero montón de patacas, estás totalmente desacreditado. Menos mal que ainda nos quedan os outros cultivos, así que seguiremos andando e repetiremos para nós, como facía o Principiño, unha e outra vez; «as cousas realmente importantes non son visibles cos ollos, só co corazón se poden facer ver».

Colleitando cereal

Colleita de trigo

Apañando patacas

Botando nos canistres patacas da variedade dessiré

Este verán foi un tanto raro, agás unha semana escasa, non veu moita calor. As nosas terras que son bastante lentas e húmidas vemos que lles custou moito activarse, os cultivos non daban medrado, sen embargo as herbas sí. As plantas máis amantes do calor si que se viron afectadas, foi o caso das xudías e fabas, pepinos, calabazas, sandías, e xa non digamos os melóns, que nin a proba. Van indo moi ben os porros, cenouras, repolos, remolacha, brecol, lombarda, garavanzos…

Sempre nos sorprenden as cenouras

Pili collendo pementos

Maribel recollendo tomates da variedade negro de crimea

Entre tomates

É unha satisfacción ter encomendas dos teus produtos e ir coa furgo cargada, no verán non acostuma a pasar isto, dáse a paradoxa de que é cando podes producir máis, e é cando menos vendes.

Produción de verán, pementos, tomates, berenxenas, leitugas, patacas, porros...

De todas formas non só de pan biolóxico vive o home, e de cando en cando facemos pequenas escapadas, sós ou con amigos, para disfrutar da inmensidade do mar.

Ceando en cabo home

Con un mantel e un colchon, unha mini casa

Ceando baixo a lúa con Antón, Aurea e Gustavo

Almorzando en cabo home con Analía e Lhosca

Adiviñade quen foi a raiña das palas ...na illa de Arousa

Comparte e goza compartindo:

  • email
  • RSS
  • Add to favorites
  • del.icio.us
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • Chuza
  • Twitter
  • Facebook

Tags: , , , , , ,

4 Comentarios en Algo máis que colleitar

  1. MartaSada di:

    Ay, qué ganas de tener una furgona! jaja. A ver cando os animades a deixar o Sur e vir para o Norte!! un saludo!

  2. nautile di:

    Como mola o video!!! se sodes vos mesmos, que bom …hahaha!

  3. O video encontrouno miña sobriña Lucia e enviounolo dicindo «acordeime de vós «. Gustounos tanto que o vemos a miudo.

Deixa unha resposta

*