Pilar e Eloi o 4 de Marzo, 2012

Os invernos para nós son bastante intensos, temos que recoller e almacenar algúns cultivos, outros pasan na terra o inverno e ímolos collendo semanalmente para os pedidos. Por outro lado hai que ir pensando na planificación do próximo ano e ir laboreando e estercando as fincas e tamén empezando a facer os semilleiros. E ademáis vender  e facer a matanza dos porcos.

preparando remolacha de mesa para almacenar

remolacha preparada para almacenar

 

cenouras preparadas para almacenar tapadas cunha fina capa de area

 

As cenouras e as remolachas para almacenar non se lavan, simplemente lle sacamos a rama esto fai que cando as collemos para vender sexa máis complicado lavalas e que non teñan o mesmo aspecto que cando se collen da terra. Perdemos en presencia pero gañamos en conservación porque no inverno na terra conxelaríanse.

Neste video vese o fácil que se lavan recien collidas da terra.

Cada semana dedicamos uns catro días a preparar as cestas para as asociacións de consumidores, as encomendas de daiquí e algún que outro pedido máis que sempre hai.

remolachas preparada para vender

remolacha preparada para vender

pedido preparado para levar a Daiquí

 

Os semilleiros que facemos no inverno son, cebolas, escarola, repolo, acelgas, leituga, apio, perixel, tomates, coliflor, xudias baixas, porros, guisantes, todos  estos facémolos en invernadoiro.

botando semente de cebolas na sementadora

cebolas xerminando

semente de cebola

sementando cebolas

semilleiros de cebolas tapados con manta térmica

sementando allos tenros

Este é o cuarto ano que criamos porcos e vai ser o último porque levamos moi mal o tema das matanzas, así que este ano xa non trouxemos as crías pequenas.

caixón isotermo feito á medida da furgoneta

carne de porco preparada para entregar

O mellor do inverno son as largas noites á beira do lume.

pan feito no forno de leña

pan e pizzas feitos no forno de leña

Comparte e goza compartindo:

  • email
  • RSS
  • Add to favorites
  • del.icio.us
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • Chuza
  • Twitter
  • Facebook

Tags: , , , ,

Pilar e Eloi o 27 de Outubro, 2011

Leva moito tempo sen chover, está todo moi seco e non temos auga para regar. Estamos rodeados de incendios e traballamos cubertos de fumo e dun ambiente xeral da autodestrución. Se non chove pronto logo acabaremos con este pais…

Por fin  a chuvia, estamos a 25 de outubro e aproveitamos este vagar para comentar como nos foron estas últimas colleitas.

Xa mallamos e recollemos os garavanzos, tivemos unha moi boa colleita, moito mellor que as fabas que este ano so temos para gardar a semente. O verán veu seco e frio e as fabas non se deron desenrolado, son máis amantes do calor que os garavanzos.

Para colleitar as legumes precisamos varios días de tempo soleado, non conven que se mollen unha vez que se arrancaron da terra. Fai tres anos que compramos, de segunda man, en Castela un «trillo de alubias», facilítanos moito o traballo de mallar  fabas e garavanzos. Antes faciamos  este traballo todo a man, era menos cantidade.

Unha vez que as legumes están máis ou menos secas e intuimos que pode haber unha semaniña de bo tempo pómonos a arrancar os garavanzos, vámoslos deixando en filas sen amontoar demasiado porque inda teñen que rematar de secar , canto máis secos mellor se mallan.

 

arrancando garavanzos

Arrancando a man os garavanzos secos

"trillo de alubias" enganchado o tractor para mallar na parcela

Mallando garavanzos na parcela

 

Os garavanzos van caindo no depósito do trillo

Gardamos os garavanzos en sacos grandes, despois de seleccionar pasan a sacos pequenos

Máis ou menos polo mesmo tempo, tamén recollemos as cebolas. Cando enpezan a doblar a rama a maior parte delas, entón levantámolas cá arrancadora das patacas a unha velocidade moi lenta para  non  mancalas. Despois inda pasan un par de semanas sobre a terra para almacenalas totalmente secas. Gardámolas en caixóns e vámolas gastando durante todo o ano.

Cebola vermella seca lista para almacenar

Da terra ó capazo

Do capazo ós caixóns

Do tractor ó almacén

Antes de que caian as primeiras xeadas temos que ter collidas as cabazas, así que cando vemos que xa están maduras, non tardamos moito en gardalas no almacen.

Recollendo cabaza vasca

Recollendo cabaza cacahuete

Que bonito é o campo

Calabaceando

É importantísimo gardar a meirande parte das sementes das plantas que se adapten ben o noso lugar e queiramos conservar as súas cualidades. Non é sinxelo moitas veces, xa que hai que intentar que no momento da polinización non se crucen con outras variedades e se vaian perdendo as características orixinais.

Sementes de cenoura na súa umbela

Flor de cebola

Deixanse secar ben as flores para que caian as sementes

Quen tamen estan a facer a súa colleita particular son os porcos que a principios de setembro empezan a buscar as primeiras belotas que can dos carballos.

Porcos comendo belotas

Comparte e goza compartindo:

  • email
  • RSS
  • Add to favorites
  • del.icio.us
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • Chuza
  • Twitter
  • Facebook

Tags: , , , , , ,

Pilar e Eloi o 24 de Setembro, 2011

Nesta entrada, vamos ir contando as actividades máis relevantes no trascurso  dun mércores ó final do verán. Os mércores teñen de particular que son os días de reparto de cestas nas asociacións de consumidores. Unha semana facemos a entrega en Ourense, á asociación Semente, e a seguinte en Allariz , ós de Agrelar. Neste, ó que facemos referencia, fomos levar as cestas a Allariz. Nunha próxima entrada poderemos ver o reparto en Semente.

Un dos  traballos á primeira hora é atender ós animais. Hai que darlle o almorzo ós porcos, e sacar á rubia o prado para que paza herba fresca.

 

Hai que levar a rubia ó prado

A rubia pacendo

Despois de votarlle un último vistazo o correo electrónico, para mirar o número de cestas da semana e as encomendas extras, comenzamos a organizarnos para ir recoller as hortalizas nas distintas parcelas.

Maribel recollendo pementos morróns

Pili e Maribel cos porros a voltas

Pili e Eloi no brecol

Unha vez que xa temos todo recollido vamos para o almacen a preparar as verduras. Encendemos a radio e a cortar, lavar, facer mañuzas, colocar en caixas…

Labando cenouras

Labando porros

Preparando as cestas de verduras

Esta semana nas cestas vai; cenouras, cebolas, remolacha de mesa, porros, leituga, brecol, sandía, pementos, tomates, apio e perixel.

A comida é un verdadeiro disfrute, e nós sabemos que somos uns previlexiados, por eso cando comemos, comemos todos xuntos, sin tele nin noticias que nos distraigan.

Ós nenos gústalles moito participar na cociña

A fuego lento

E de menu hai; arroz, verduras salteadas, salsa caseira de tomate e ensaladas de pepino con pemento vermello e de tomate con cebola.

Os animais precisan de atención diaria. A besta hai que levala  pola mañá e pola tarde a pacer o prado, nas horas de máis calor està gardada na corte. Os porcos dámoslle tres veces ó día de comer, por regra xeral, comen pola mañá e pola tarde unha papilla de fariña de trigo que lle preparamos. A medio día comen berzas, cabazos, patacas, ou remolacha.Despoxa eles pola súa conta buscan herbas, raices, e nestas fechas de ano, as belotas dos carballos.

Feno para o comedeiro e palla para estrar na corte

Aquí non se tira nada, ramas de porros para os porcos

berzotas

A este cerdo le han dado calabazas

Levo un saco de trigo a moer ó muiño

Moer o grao e traer fariña

Preparando papilla de cereais

Con auga e unhas areas de sal

Hoxe  tócanos turno de rega coa poza do pobo, así que, Eloi vai regar, Maribel selecciona os garavanzos recen mallados,  Pili  encárganse das facturas e Estrela xoga.

A poza de Reboreda

O curso da auga pasando polos navas do forno

Regando no invernadeiro do carril

Maribel seleccionando garavanzos

En fila india

Esta semana vamos facer o reparto de cestas en Allariz, pero antes temos que levar unha encomenda a unha tenda en Ourense.

Levando verduras a Cárnicas Xures

En Allariz entregando cestas

Pouco a pouco van vindo recollelas

verduleando

Os nenos xogan mentres temos asamblea do grupo

Na asamblea ademáis de facer contas, falamos do divino e o humano

Este máis ou menos ben pode ser un mércores, estas son as imaxes, a banda sonora pona radio 3.

Comparte e goza compartindo:

  • email
  • RSS
  • Add to favorites
  • del.icio.us
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • Chuza
  • Twitter
  • Facebook

Tags: , , , , , , , ,

Pilar e Eloi o 2 de Setembro, 2011

Xa recollemos o cereal e as patacas, os dous cultivos por excelencia da Limia. A colleita a verdade é que non nos foi moi boa. Moitas veces queremos demostrar que non nos equivocamos coa nosa forma de traballar, pero se a túa bandeira de «salvemos a terra», ondea sobre un mísero montón de patacas, estás totalmente desacreditado. Menos mal que ainda nos quedan os outros cultivos, así que seguiremos andando e repetiremos para nós, como facía o Principiño, unha e outra vez; «as cousas realmente importantes non son visibles cos ollos, só co corazón se poden facer ver».

Colleitando cereal

Colleita de trigo

Apañando patacas

Botando nos canistres patacas da variedade dessiré

Este verán foi un tanto raro, agás unha semana escasa, non veu moita calor. As nosas terras que son bastante lentas e húmidas vemos que lles custou moito activarse, os cultivos non daban medrado, sen embargo as herbas sí. As plantas máis amantes do calor si que se viron afectadas, foi o caso das xudías e fabas, pepinos, calabazas, sandías, e xa non digamos os melóns, que nin a proba. Van indo moi ben os porros, cenouras, repolos, remolacha, brecol, lombarda, garavanzos…

Sempre nos sorprenden as cenouras

Pili collendo pementos

Maribel recollendo tomates da variedade negro de crimea

Entre tomates

É unha satisfacción ter encomendas dos teus produtos e ir coa furgo cargada, no verán non acostuma a pasar isto, dáse a paradoxa de que é cando podes producir máis, e é cando menos vendes.

Produción de verán, pementos, tomates, berenxenas, leitugas, patacas, porros...

De todas formas non só de pan biolóxico vive o home, e de cando en cando facemos pequenas escapadas, sós ou con amigos, para disfrutar da inmensidade do mar.

Ceando en cabo home

Con un mantel e un colchon, unha mini casa

Ceando baixo a lúa con Antón, Aurea e Gustavo

Almorzando en cabo home con Analía e Lhosca

Adiviñade quen foi a raiña das palas ...na illa de Arousa

Comparte e goza compartindo:

  • email
  • RSS
  • Add to favorites
  • del.icio.us
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • Chuza
  • Twitter
  • Facebook

Tags: , , , , , ,